domingo, 26 de marzo de 2017

NOVAS PLANTAS NA HORTA!!! ADIVIÑAREDES CALES SON?



A PRIMAVERA...O SANGUE ALTERA!!

E ás nenas e aos nenos de 6º E.I. tamén, pois esta semana estivemos traballando arreo para ter un obradoiro preparado para a visita dos venres.

Tras moito cavilar...decidimos facer uns mouchos! que non coñecedes o que son?? pois aquí vos deixamos unhas imáxenes para que vos fagades unha idea.




AÍNDA NON SABEDES?

Non vos preocupedes, porque o venres 24 de Marzo de 2017 voltaron papás e mamás ao Colexio Montesol e eles daranvos a resposta!

Coma sempre, comezamos coas presentacións! 

Dade a benvida a...Rosa, a mamá de Pablo F.C. Jesús, o papá de Iván. Bea, a mamá de Pablo F.P. e Paula, a mamá de Jorge!!

Despois desta benvida fixemos un breve repaso das ferramentas e das normas dos semilleiros e da horta porque non todas as mamás e papás o saben!! E xa non vos entretemos máis porque queredes ver o que fixeron non??





AJÁ! Isto xa vai collendo forma! estes mouchos son testos cheos de abono ou sustrato ecolóxico nos que plantamos unhas flores moi resistentes para a primavera - verán, pero cales?

Vamos a darvos unha pista...o seu nome, en galego, comeza pola letra X, en castelán pola G...

outra pista?

Pódese cultivar en xardíns, terrazas ou balcóns!

Xa a tedes??

SIII, XERANIOS!!


Existen moitos tipos de xeranios e os seus coidados son ben sinxelos polo que se queredes saber máis dexámosvos unha páxina adicada a esta fermosa flor.


Mais, a mañá non rematou aquí, pois os papás e mamás tiveron que plantar eles sós sementes de allo porro e sandía fixádevos se o fixeron correctamente!




MOI BEN!! XA SON PROFESIONAIS!!

E como bos profesionais necesitan dun diploma para certificar que estiveron axudando neste proxecto!


MOITÍSIMAS GRAZAS!!

Unha vez feita a despedida levamos  cadanseus testos á horta para que o sol faga o seu traballo coas flores...




ESPEREMOS QUE MEDREN PRONTO, ESTAREMOS MOI ATENTXS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario