martes, 28 de febrero de 2017

ENTROIDO, ENTROIDOOO!!



E POR FIN CHEGOU O GRAN DÍA!

O ENTROIDO PARA TODXS OS QUE FORMAMOS A COMUNIDADE EDUCATIVA!

O 24 de febreiro de 2017 as nenas, nenos, familias e profesorado gozaron coas fantásticas actuacións de todos os cursos do Colexio Montesol.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes como resumo, por se algún ou algunha de vós perdeu puntada!


DESPOIS DE MERENDAR HAI MOITO QUE PREPARAR!!

Coa axuda das rapazas e rapaces da ESO, as nenas e nenos de Educación Infantil conseguiron paliar os nervios e comezar a poñer o seu disfraz!


4º E.I


4º E.I


5º E.I


5º E.I


6º E.I


6º E.I


UNHA VEZ REMATADA ESTA ALGARABÍA XA ESTAMOS LISTXS PARA PRESENTAR A ACTUACIÓN CON MOITA ALEGRÍA!




OS GALOS DE EDUCACIÓN INFANTIL QUIXERON DEMOSTRAR QUE NON SÓ NOS DESPERTAN POLAS MAÑÁS, SENÓN QUE CANTAN E BAILAN MELLOR CA NINGUÉN!!

BRAVOO!!




POR SUPOSTO DAMOS AS GRAZAS A TODXS OS QUE PUIDERON ASISTIR E ESPERAMOS VERVOS MOITOS ANOS MÁIS!!





lunes, 27 de febrero de 2017

En el aire en 5,4,3...

Arrancou a televisión do Montesol, co primeiro telexornal, neste caso o alumnado de 4º da ESO comparte as noticias más relevantes da semana pasada. Foron dos días de grabacións, moitos nervios o día de grabacións, nalguns casos repetimos oito veces, pero foi moi divertido, o mellor son as ganas e a motivación que teñen buscando noticias, contrastando información, preparando o discurso e apoiando e axudando os compañeirxs.

Esta semana comenzará Primaria, a disfrutar da sensación de transmitir información as persoas, de que escoiten e valoren o que dis, e ademáis divertíndose :)

Suscribídevos ao canal para non perder nada e para que noten o apoio.

jueves, 23 de febrero de 2017

CUARTO DÍA DE ENTROIDO!



QUE NERVIOS! 

ESTAMOS TODXS LISTXS PARA RECIBIRVOS CON EMOCIÓN NO COLEXIO MONTESOL!

Coa chegada do bo tempo os insectos comezan a voar polos arredores. E hoxe un deles aterrou no noso patio. 

Cal será?



MOI BEN! SON ABELLAS!!

ZZZZ...As abellas de 6º E.I salúdanvos con moito agarimo!


TAMÉN SE APROVEITOU O DÍA PARA FACER OS ÚLTIMOS ENSAIOS...



 E AO FINALIZAR...




As nenas e nenos de 4º e 5º de E.I levaron cadansúas máscaras. 

Logrades coñecelos??


miércoles, 22 de febrero de 2017

TERCEIRO DÍA DE ENTROIDO!




E COMO NON, MÁIS SORPRESAS!

Como vedes, toda esta semana as nenas e nenos de Educación Infantil están moi atarefados cos disfraces do entroido e hoxe tocoulles tranformarse nun amigo moi especial...

ADIVIÑADES CAL É?



SON DRAGÓNS!!!!

En canto se puxeron a máscara, votaron a voar cara as aulas de Educación Primaria, onde lle deron un forte aplauso polo seu gran traballo!



Mais, este día non remata aquí senón que aínda falta unha fantástica visita á clase das nenas e nenos de 4º E.I...

DE QUEN SE TRATARÁ?


POIS DA MAMÁ DUNHA DAS NENAS, EREA!


Esta nena e a súa mamá quixeron compartir a súa creatividade e cariño preparando unhas máscaras feitas coas mans da propia nena! Mirade que ven o pasaron!!


PRIMEIRO EXPLICAMOS QUE VAMOS A FACER...


DESPOIS UNHAS POUCAS CÓXEGAS COAS PLUMAS MÁXICAS QUE LEVARÁN AS MÁSCARAS! 


E POR ÚLTIMO...A TRABALLAR!!!



MOITÍSIMAS GRACIAS POR COLABORAR CON NÓS! ESPERAMOS RECIBIR MÁIS VISITAS ASÍ 😃



martes, 21 de febrero de 2017

Verbos gamificados





O alumnado de 4ºA, aprendou os verbos dunha maneira diferente, apostando pola gamificación, desta maneira os nenos aprenden contenidos sen darse conta.

Gran traballo :D

Boas noites :)

SEGUNDO DÍA DE ENTROIDO!




 COMO VEN ESTE ENTROIDO SEÑORAS E SEÑORES!

Este segundo día, chega repleto de ilusión e...non o ides a crer pero no Colexio Montesol aterraron uns novos personaxes 😦😦😦


NON VOS ASUSTEDES! SON AS NENAS E NENOS DE 6º E.I CON CARA DE EXTRATERRESTRES!

E nas aulas de 4º E.I ocorreu algo emocionante...un ferreiro chamado Pedro, contounos un truco para facer espadas, pero non unhas calquera senón a dos cabaleiros máis valentes do castelo!
Coa axuda da profe Tania pasárono xenial e sentíronse os cabaleiros máis intrépidos do país!






lunes, 20 de febrero de 2017

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ!!






KIKIRIKIIIIIIIII! O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ!!! 

O CURRAL ESTÁ AXITADO E CON RAZÓN! ESTE ENTROIDO VAI SER EMOCIONANTE E QUEREMOS COMPARTILO CON TODOS VÓS!


ESTA SEMANA AS NENAS E NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL DEIXARANVOS COA BOCA ABERTA COS SEUS DISFRACES!

"OS INDIOS" 5º E.I


"OS CANGREXOS"  6º E.I



PARA QUE VAIADES QUENTANDO MOTORES MOSTRÁMOSVOS UNHA CANCIÓN SOBRE O ENTROIDO EN INGLÉS!



Entrevistando a Jesús López

Good Morning Montesol entrevistou ó ex-alumno Jesús López, periodista corresponsal en Londres para Onda Cero, un luxo contar coa súa colaboración.
Moitísimas grazas :).
Tendes aquí a primeira emisión da entrevista Entrevista Jesús López




jueves, 16 de febrero de 2017

Se buscan valientes :)

SE VALENTE






Aquí deixamos o primeiro vídeo do noso canal, no que o alumnado de 4º de Primaria, interpreta o tema "Se buscan valientes" do Langui, mediante lingua de signos.
Aportamos dende aquí o noso graniño de area nesta loita contra o acoso escolar.

É moi importante que existan valentes, que deixen de observar e pidan axuda, non é chibarse, é ser persoa, axudando a alguén que o necesita.
Será clave fomentar a Educación Emocional dende o comezo da educación, para fomentar e mellorar capacidades tan importantes como a empatía ou a asertividade. Aquí deixo a investigación que fixemos sobre o acoso escolar e que se emitiu na radio. ESCOÍTAME







martes, 14 de febrero de 2017

FELIZ SAN VALENTÍN!




💗💗TE QUIERO💗💗💗QUÉROTE💗💗💗I LOVE YOU💗💗💗JE T´AIME💗💗


ESTE SAN VALENTÍN CELEBRÁMOLO DEMOSTRANDO TODO O NOSO AGARIMO 





NO COLEXIO MONTESOL QUERÉMONOS MOITÍSIMO PERO MÁIS QUEREMOS AOS QUE NOS FAN SER FELICES, POLO QUE SAN VALENTÍN PRECISAMOS QUE SEXA TODOS OS DÍAS, E NON TEÑADES VERGOÑA DE AMOSAR TODO O AMOR QUE LEVADES NO VOSO CORAZÓN!


lunes, 13 de febrero de 2017

HORTA ESCOLAR!!



BENVIDXS AO NOVO PROXECTO QUE XA SE ESTÁ A POÑER EN MARCHA NO COLEXIO MONTESOL, UNHA HORTA ECOLÓXICA!





IMAXES DA HORTA SEN REHABILITAR

O obxectivo deste proxecto é incentivar á colaboración das familias co Centro Educativo, restablecendo un espazo en desuso, ademáis de concienciar a todas elas e ao alumnado dun nivel de vida máis saudable. 
Os nenxs e os seus familiares poderán gozar dunha novedosa experiencia cooperando de diversas formas:

- Recibindo información sobre como transformar un espazo nunha horta ecolóxica.
- Axudar a plantar (semilleiros) ou transplantar (horta).
- Dar charlas breves se teñen coñecementos sobre como coidar unha horta.
- Aportar ideas orixinais tanto para facer na aula como na horta.
...

E todo o que se vos ocorra!


ATA AGORA A HORTA VAI EN BO CAMIÑO!






SEGUIREMOS TRABALLANDO DURO!


DAMAS E CABALEIROS!!



VOLTAMOS A ALTA IDADE MEDIA, ALÁ POLO SÉCULO IX!!

Os nenxs de 4º E.I traballan dende hai uns días nun novo proxecto que nos ten a todxs abraiadxs...

OS CASTELOS!!

Aínda que moitos din que a súa orixe é máis antiga, nós sempre recordaremos os combates entre cabaleiros, os reis e raíñas donos dun gran castelo, os campesiños labrando as terras, etc. E para que as vindeiras xeracións non se esquezan da historia esforzaranse coa axuda máis importante, A DAS FAMILIAS!


BITS DE INTELIXENCIA E CONTOS INFANTÍS SOBRE OS CASTELOS


CASTELOS FEITOS POLOS NENXS E AS SÚAS FAMILIAS!



XA TEMOS O NOSO CASTELO!!!


E NON NOS OLVIDEMOS DOS ESCUDOS QUE REPRESENTAN ÁS FAMILIAS DAS DAMAS E CABALEIROS!



Por último deixámosvos un vídeo dun dos contos feitos a man por unha nena, o seu papá e mamá

FANTÁSTICO!!!


Cómics e antifaces

O alumnado de 4ºA creou estes cómics e antifaces.
Os antifaces fixéronos a partir da forma das súas mans.
Sodes uns artistas ;)