domingo, 5 de febrero de 2017

TEMPORAL DE ACTIVIDADES!





 BUUUUFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFF...


Con este tempo revoltoso as ideas saen por sí soas. Por iso, esta semana estivemos traballando arreo para que todxs poidades seguir moi atentxs ás obras dos máis pequenos.


SORPRESA! A PISTA DE ESQUÍ ATESTOUSE DE PINGÜÍNS RECÉN CHEGADOS DO POLO NORTE!


DESCUBRINDO O CONTROL POSTURAL

O descubrimento gradual do corpo como fonte de sensacións e a exploración das posibilidades de acción e funcións corporais, son experiencias obrigatorias para construir o pensamento dos nenxs. 
A actividade motora, o xogo en particular, é fundamental para o crecemento tanto mental como emocional, polo que animamos aos nenxs de cinco anos a que imitasen diferentes posicións corporais con palillos nuns folios de cores, coa finalidade de que todxs coñezan que o noso corpo pode realizar un sin fin de movementos grazas aos nosos ósos, músculos e articulacións.



O RECUNCHO DA ARTE

Os nenxs de catro anos estiveron demostrando as súas dotes artísticas para o proxecto do Amazonas. Para isto, colleron pintura e pincel e...mans á obra! 


MY FAVOURITE MONSTER!

AAAH! WHAT IS THIS?? THIS IS A MONSTER!! Os nenxs de infantil non dubidaron en axudar á teacher Andrea a recordar as partes da cara para que os monstruos cobrasen vida e puidesen saír a xogar con todxs nós. E vós...saberiades dicir cales son estas partes da cara en Inglés???

























A, B, C, D, E... CHEGUEI!!

Os nenxs de cinco anos fixeron unha pista de carreiras para o alfabeto!!! Correde, e intentádeo vós tamén nas vosas casas para que os máis pequenos o aprendan dunha maneira máis lúdica!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario