domingo, 12 de marzo de 2017

POR FIN VAMOS Á HORTA!!



CHEGOU O GRAN DÍA! 

O VENRES, 10 de Marzo de 2017 

O PROXECTO DA HORTA COMEZOU A COBRAR SENTIDO COA AXUDA QUE MÁIS ANHELÁBAMOS...

A DXS NENXS E AS SÚAS FAMILIAS!

Demos a benvida á Marta, a mamá de Emma. Celso, o papá de Lía. E Pepe, o avó de Erea.


E antes de entrar a traballar...



 Hai que repasalas normas de comportamento feitas por toda a clase de 6º E.I.

Despois, o avó de Erea deunos unhas clases sobre as diferentes ferramentas que él utiliza na súa finca como o sacho, o pico ou poñer bolsas de plástico nos pés antes de poñelas botas para non mancharnos de terra e ademáis tróuxonos unha SORPRESA!


Plantou a primeira semente da nosa horta! un bulbo de TULIPÁN! Que non temos que volver a regar ata dentro dun mes.



  Marta e Celso encargáronse dunha tarefa que parece sinxela pero que é a máis importante, enterrala semente a unha profundidade adecuada e tapala con moito coidado.



Finalmente, puxémonos mans á obra con guantes, botas, ferramentas e moita enerxía!





Ao rematar non nos olvidamos de limpar todo, deixalo ordenado e de premiar o duro traballo dxs invitadxs.


MOITÍSIMAS GRAZAS A TODXS!

VOLVEDE SEMPRE QUE QUEIRADES!



No hay comentarios:

Publicar un comentario