domingo, 5 de marzo de 2017

APRENDENDO A PLANTAR!



ACORDÁDESVOS DO PROXECTO DA HORTA ECOLÓXICA?

SEGURO QUE SI!

Pero....para os que aínda non o coñezan dende o Colexio Montesol invitámosvos a que abrades ben os ollos e as orellas porque as nenas e nenos de 6º E.I teñen moito que contarvos sobre este tema!

ESTAMOS AVANZANDO MOITO PERO COMO BEN SABEDES AS CASAS NON SE PODEN COMEZAR POLO TELLADO ASI POIS, ANTES DE IR DIRECTAMENTE A PLANTAR Á HORTA TEMOS QUE APRENDER ALGUNHAS NOCIÓNS BÁSICAS.



A chamada tormenta de ideas ou brainstorming. Unha técnica moi utilizada nas asambleas de Educación Infantil para coñecer a información previa que ten o alumnado sobre un tema en concreto. Para este traballo, fixemos preguntas como por exemplo, sabedes o que é unha horta? Que necesitan as plantas para medrar fortes e sans? Que ferramentas se utilizan para plantar?
TODAS AS RAPAZAS E RAPACES SORPRENDÉRONNOS COS SEUS COÑECEMENTOS SOBRE A HORTA, XA QUE MOITOS TEÑEN AVÓS OU AVOAS QUE SE ADICAN A PLANTAR, BRAVO!

 Facer grupos e decidir que froitas ou verduras imos a plantar.

Plantación en semilleiros. Normas. Antes de ir á horta deben ter moi claro o proceso que seguen as plantas día a día e os coidados que requiren, polo que primeiramente, por grupos, as nenas e nenos plantarán en semilleiros e dous revisores ou revisoras encargaranse de que todo este en orde.
Mais, ESPERADE! TANTO OS GRUPOS COMA OS REVISORES OU REVISORAS NECESITAN DUNHAS NORMAS PARA OS COIDADOS DA PLANTACIÓN!








TODXS XUNTOS DECIDIMOS CALES SERÍAN AS NORMAS DOS SEMILLEIROS PARA QUE NON HAXA DESPISTES DURANTE O PROCESO DE CRECEMENTO DAS PLANTAS E PLASMÁMOLAS NO RECUNCHO DA "HORTA" ONDE OS REVISORES E REVISORAS ENCARGARANSE DE COLOCAR OS SORRISOS SE SE CUMPLIRON Á PERFECCIÓN!

 Plantar! A parte máis divertida sen dúbida e coa que van a aprender a ser responsables, autónomos e sobre todo a traballar en equipo.



GRUPO CÍRCULO - PLANTANDO CEBOLIÑO



GRUPO ROMBO - PLANTANDO CENORIAS


GRUPO TRIÁNGULO - PLANTANDO TOMATES


GRUPO RECTÁNGULO - PLANTANDO LEITUGA


GRUPO CADRADO - PLANTANDO GUISANTES



REVISORAS DESTA SEMANA - EMMA E GRECIA


 Seguir con moitas actividades cada venres de 10:00 a 10:30 coa colaboración das familias.

ESPERÁMOSVOS E SEGUIREMOS INFORMANDO!


No hay comentarios:

Publicar un comentario