domingo, 19 de marzo de 2017

XA TEMOS PATACAS NA HORTA!!



AQUÍ ESTAMOS DE NOVO PARA QUE VEXADES COMO TRANSCORRE A HORTA ECOLÓXICA DO COLEXIO MONTESOL!

O venres 17 de marzo de 2017 asistiron ao centro outras nais e pais dxs alumnxs de 6º E.I.

Así que sen máis dilación, vouvolos a presentar!!

Alberto, o papá de Nicole. Carmen, a mamá de Lorena. Olalla, a mamá de Alan. Paz, a mamá de Grecia. Margarita, a mamá de David. Felipe, o papá de Irene e Yago, o papá de Izan.


Despois desta calurosa presentación, fixemos un recordatorio das normas da horta para que tanto xs nenxs coma os maiores se conciencien e respeten o entorno no que van a participar.

E...A TRABALLAR??

UN MOMENTO!!

Primeiro, fomos entrando por grupos de maneira ordenada a cada un dos caixóns que estivemos preparando na anterior sesión.
E LOGO...PUXÉMONOS AS LUVAS PARA PLANTAR....

PATACAS!!!😀😀😀😀

Mais, non se pode plantar sen antes atender a unhas breves explicacións, como que nunha finca antes de introducilas patacas na terra hai que facer un rego, é dicir, cun sacho realizaremos unha liña recta duns 10 cm de profundidade aproximadamente, colocaremos a primeira pataca e a seguinte a uns tres pasos. No caso de que o lugar da plantación sexa escaso, simplemente faremos un burato, enterraremola pataca e a seguinte será a uns catro dedos de distancia. Tamén é moi importante plantar as patacas co seu ollo cara arriba para que saian os talos e as follas cara fóra.

E ASÍ O FIXEMOS ENTRE TODXS!







POR ÚLTIMO, E NON MENOS IMPORTANTE, LIMPAMOS DE NOVO AS FERRAMENTAS, DEIXAMOS AS LUVAS E PREMIAMOS AOS MAIORES POLO SEU MARABILLOSO TRABALLO!

1, 2, 3...PATACAAAA!!


MOITÍSIMAS GRAZAS POR TODO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario