domingo, 12 de marzo de 2017

IAGO LÓPEZ E O SEU COMPAÑEIRO MARTIÑO!



O pasado Xoves, 09 de Marzo de 2017

CANDO CHEGAMOS AO SALÓN DE ACTOS ATOPÁMONOS CUN HOME QUE PARECÍA UNHA ESTATUA...

QUEN SERÁ?


  Pois o mesmo Iago López, o autor do fascinante conto chamado O cociñeiro Martiño.



Unha vez que comezou a falar todxs quedamos prendidos da súa voz e non perdemos ollada do que ía facendo... 



Primeiro, comezou a falarnos de MARTIÑO un FAMOSO COCIÑEIRO.


Despois, contounos que nun palacio real que él coñecía necesitaban un cociñeiro asi que, MARTIÑO quixo facer o mellor biscoito da súa vida para levarllo ao rei que vivía nun...XA O SABEDES NON? NUN CASTELO!


E alá foi, mais coa axuda de distintos personaxes que ía achando polo camiño como O PASTOR, A PANADEIRA, A VECIÑA...


COMO VEDES ESTABAMOS MOI ATENTXS PORQUE NON SABIAMOS COMO ÍA A REMATAR ESTA HISTORIA...

MAIS NON SEREI EU QUEN VOLA CONTE!

VEEEÑA...QUE SEI QUE O QUEREDES SABER!

A MARTIÑO, e aos seus compañeirxs entroulles a fame polo carreiro asi que cada un comeu un pedaciño do biscoito e cando chegaron onda o rei...NON LLES QUEDABA NADA! pero tiveron sorte pois o rei tiña unha forte dor de barriga de tanto comer e MARTIÑO tivo a xenial idea de prepararlle un caldiño ben quentiño que lle sentou de vicio. 

Dende ese día MARTIÑO foi o cociñeiro real do gran palacio.

E COLORÍN COLORADO, ESTE CONTO ESTÁ REMATADO!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario