viernes, 3 de marzo de 2017

Aprendemos Lingua de Signos Española (LSE)

Hoxe, a través da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia o ponente Nandaz (un especialista de LSE que é unha persoa xorda) veu ao noso colexio para ofrecernos unha campaña de sensibilización. 

Contounos un conto, como é o día a día dunha persoa xorda, repasamos o abecedario, aprendemos algún signo, e como chamar a atención dunha persoa xorda.
O alumnado estivo moi motivado e anímado.


Foi un pracer aprender con Nandaz. Moitísimas grazas, volve cando queiras :D






Recordade, tocar suavemente o ombreiro da persoa, non dar na espalda, na cabeza ou agarróns.
Agarrar o brazo, só se non se percata, e se é un urxencia.
Se a persoa está lonxe podemos recorrer o chan, facendo pisadas fortes, ou avisando a unha persoa que este preto :)





No hay comentarios:

Publicar un comentario