viernes, 28 de abril de 2017

Proxectos con Emocións

Os nenxs de 4ºA de Primaria están traballando a Intelixencia Emocional¡¡¡ 💚😃😍

E como a estan traballando?? Os preguntaredes, pois...

Con dous proxectos, “O Baúl dos Segredos” e “ Faime Feliz”

“O Baúl dos Segredos”é  un buzón onde os alumnos e alumnas poden expresar anónimamente os seus sentimentos, compartir suxerencias para levar a cabo na clase, se son viables, ou simplemente expresar as súas opinións sobre o seu día a día.. Unha vez á semana abren o buzón e comparten experiencias. O obxectivo é mellorar a convivencia entre todos.



No proxecto “Faime Feliz” primeiro elaboraron un “Pasaporte da Felicidade”onde se recollen os seus datos. A misión que deben procurar é a de facer feliz a alguén cada día e para iso deberán esforzarse en pensar qué tipo de cousas poden facer sentir ben a unha persoa; dar cariño, apoiar os demáis, aliviar carga de traballo, facer un agasallo, axudar a un descoñecido, pasar máis tempo con algún ser querido xogando ou falando...Hai moita xente á procura de felicidade, familia, amigos, compañeiros, mestres, veciños, descoñecidos....un mundo por diante para facelo máis feliz. Deste xeito contribuímos a mellorar as nosas relacións na sociedade. Con cada experiencia acreditada por escrito se lles dará un selo no seu pasaporte e cando consigan 5 selos, eles tamén gañarán unha experiencia que lles fará felices.

Elxs poden facer un mundo máis feliz, e ti tamén ADIANTEE¡¡ Non existe maior felicidade que facer feliz ós demáis. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario